07 septiembre 2014

Biblioteca escolar... matemático!!!



Biblioteca escolar... matemático!!!
é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria , pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe.

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.

No hay comentarios: